Cámping Municipal Arenteiro
- En pleno parque municipal, e ao lado do río que lle dá nome, o Cámping Municipal Arenteiro é un dos máis acolledores de Galicia. As súas coidadas instalacións forman co Parque etnográfico do Arenteiro un conxunto inmellorable, no que teñen especial protagonismo os muiños de auga.
- Ademais, a 50 metros atópase un complexo de vivendas para vacacións denominado Pallozas do Arenteiro, que ofrece a maior comodidade grazas aos seus bungalós de alta categoría, construídos con materiais de primeira calidade.
Un xeito moi especial de entender o descanso
- Desde o comezo apostamos polo compromiso de atender cada día máis e mellor aos nosos clientes, invertindo tempo e recursos en dotar ás nosas instalacións do equipamiento e servizos necesarios para levalo a cabo.
- Emprazado nun punto estratéxico, o Cámping Municipal Arenteiro pon ao seu dispor todos os atractivos que unha vila coma O Carballiño pode ofrecerlle, coma o Templo da Veracruz, os seus dous Balnearios, as súas festas e ampla gastronomía, coa internacionalmente recoñecida Festa do pulpo, sen esquecer tampouco outros lugares de interese repartidos por toda a comarca, coma o Castro de San Cibrán de Lás, no Santo Amaro, ou o Mosteiro de Oseira en Cea.